O PP propón a maxistrada Fernández Galiño como nova Valedora

O PP propón a maxistrada Fernández Galiño como nova Valedora
Sede do Valedor do Pobo
Sede do Valedor do Pobo  

A proposta, para saír adiante, precisa o apoio doutro grupo parlamentar para sumar as tres quintas partes de deputados e deputadas que fixa o regulamento para elixir este cargo.


O PP non agardou nin 24 horas desde que Milagros Otero presentou a súa demisión como Valedora do Pobo para rexistrar a súa proposta para este cargo: a da maxistrada da Audiencia da Coruña María Dolores Fernández Galiño. Ese é o nome que o Partido Popular quer que saia elixido no pleno extraordinario.

O regulamento fixa que a Valedora ten que ter o apoio de 45 deputados e deputadas e o PP ten 41. Faille falla, logo, o apoio doutro grupo parlamentar. En 2015, cando a designación de Milagros Otero, o PSdeG fornecera os populares dese respaldo.

En Marea, BNG e Grupo Mixto xa demandaron, nada máis coñecerse a dimisión de Otero, que a nova Valedora fose elixida por “consenso”.

Fernández Galiño fixo parte do tribunal que xulgou a catástrofe do Prestige