Acordo entre PSOE e Unidas Podemos para un goberno de coalición

Acordo entre PSOE e Unidas Podemos para un goberno de coalición

Pedro Sánchez e Pablo Iglesias reuníronse en secreto esta segunda feira e acordaron desbloquear a situación. Esta terza asinan no Congreso o acordo. Iglesias será vicepresidente.


Pedro Sánchez e Pablo Iglesias atinxiron un principio de acordo para formar un goberno de coalición que desbloquee o actual panorama político. Algúns medios apuntan, citando fontes de PSOE e Unidas Podemos, que Iglesias será vicepresidente. Un preacordo sen vetos e cuxos termos concretos iranse fechando nas vindeiras horas.

Ambos os dous líderes convocaron á prensa para despois da xuntanza que manteñen desde as 14:00 horas desta terza feira no Congreso. Tiveron unha reunión na tarde desta segunda feira na que acordaron retomar as conversas para un goberno conxunto.

"Creo que dorme peor con máis de cincuenta deputados de extrema dereita no Congreso que cos ministros de Unidos Podemos no Goberno". A primeira frase de Pablo Iglesias na noite das eleccións, inmediatamente antes de dirixirse ao presidente para pedirlle iniciar o diálogo, parece expresar un xuízo partillado tamén por Pedro Sánchez, á vista da rapidez coa que se sucederon os feitos nestas horas e se chegou a un principio de acordo.

Dez puntos prioritarios

O preacordo establece 10 puntos de actuación para o novo executivo de coalición: A loita contra a mudanza climática e trabnsición enerxética, as políticas de igualdade e contra a violencia machista, ampliación de dereitos sociais e o combate ao paro e precariedade laboral a través dunha reforma laboral que recupere dereitos recortados son algunhas desas liñas de actuación. 

A respecto de Catalunya, o preacordo é ambiguo e fala de diálogo e de garantir a convivencia. 

Sen independentistas

Segundo apunta a Cadena Ser, a intención de Ferraz e lograr que o acordo saia adiante co apoio de diferentes formacións e a abstención de Ciudadanos, que propiciaría a investidura en segunda volta sen necesidade de recorrer a apoio de independentistas cataláns. 

En ampliación