Primarias 'consultivas' e con condicións desde Ferraz teñen até o momento un único candidato no PSdeG


Primarias 'consultivas' e con condicións desde Ferraz teñen até o momento un único candidato no PSdeG
O PSdeG desenvolverá unha consulta á militancia antes de se celebrar o Congreso nacional de xullo. No entanto, a escolla da secretaría xeral terá lugar nun Congreso por [email protected] e estará suxeita á condicionalidade fixada desde Ferraz. Até o momento, só Xosé Ramón Gómez Besteiro é oficialmente candidato. O ex ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, liga a súa candidatura "á correlación de forzas" que detecte no partido.

O pulso entre Galiza e Madrid saldouse en táboas. Nin o PSdeG celebrará eleccións primarias vinculantes nin Ferraz puido evitar que a militancia da federación galega participe de maneira directa na escolla da súa secretaría xeral. O acordo acadado entre Pachi Vázquez e Alfredo Pérez Rubalcaba permite ao PSdeG a realización dunhas "primarias consultivas" en que @s socialistas elixirán @ [email protected] [email protected] xeral do partido.

Gómez Besteiro enceta esta cuarta feira a súa rolda de contactos coas agrupacións locais na procura de apoios

Porén, estas terán un carácter consultivo e estarán suxeitas a ratificación polo Congreso nacional que se celebrará o vindeiro 6 de xullo. Aliás, Madrid impuxo unha serie de condicións que manteñen a celebración da consulta no marco estatutario do PSOE. E é que a boleta coa que a militancia do PSdeG emita o seu voto deberá incluír o nome [email protected] [email protected] que actuarán a modo de [email protected] no máximo órgano de decisión do PSdeG.

Até o momento, só o lucense Xosé Ramón Gómez Besteiro presentou formal e oficialmente a súa candidatura. Neste senso, esta cuarta feira encetará a súa rolda de contactos coas agrupacións locais para recadar apoios cara ás eleccións primarias. Así as cousas, a falta de se aprobar o regulamento 'ad-hoc' que rexerá o proceso electoral, fica tempo dabondo para outros nomes saíren a acompañar o de Besteiro na carreira até a secretaría xeral.

Francisco Caamaño non descarta presentarse ás primarias

Co ex ministro de Fomento José Blanco fóra de xogo pola súa imputación no caso Campión -será xulgado após petición de suplicatorio-, fica en pé a opción de Francisco Caamaño como rival de Besteiro. En declaracións á imprensa, o que tamén fora membro dos gobernos Zapatero liga a súa candidatura á "correlación de forzas" que vaia detectando durante estas semanas no seo do partido. Isto é, se ve que ten opcións de gañar, concorrerá. Do contrario, deixará vía libre a Besteiro.