As primarias de En Marea, sen auditora

As primarias de En Marea, sen auditora
en marea plenario
en marea plenario  

A entidade encargada pola dirección para realizar este control rexeita facelo, segundo informa Europa Press.


Openkratio, a entidade sinalada polo Consello das Mareas para facer de control independente de verificación e garantía das primarias de En Marea, que comezan este sábado ás 9.00 horas, rexeita realizar estas tarefas. Así o indica Europa Press, que contactou con esta asociación. Openkratio considera que non teñen tempo suficiente para coñecer o novo sistema de voto implementado e, polo tanto, exercer as súas funcións de control de maneira correcta.


Fontes da dirección consultadas por Europa Press sinalaron que existe un "acordo verbal" cunha "entidade de dereito público" para que asuma as funcións de auditora. A auditoría realizaríase 'ex post', é dicir, unha vez conclúan as votacións.