ELECCIÓNS GALEGAS

O PSdeG anuncia a convocatoria de primarias para elixir candidato ou candidata á Xunta

O PSdeG anuncia a convocatoria de primarias para elixir candidato ou candidata á Xunta

José Ramón Besteiro, secretario xeral do PSdeG, anunciou a convocatoria dun comité nacional extraordinario no que se fixará o calendario de primarias para elixir o candidato ou candidata á Presidencia da Xunta.


Durante a súa intervención no comité nacional ordinario que ten lugar este sábado en Compostela, Besteiro anunciou a convocatoria de eleccións primarias no seo da formación para elixir o candidato ou candidata á Presidencia da Xunta de Galiza.

Con tal fin, o PSdeG organizará un comité nacional extraordinario no que se estabelecerá o calendario das eleccións primarias. “Falaremos claro e tendido nese comité nacional extraordinario”, apuntou Besteiro, quen asegurou que “nos lanzaremos a recuperar todo o electorado progresista”. Cómpre lembrar que nas eleccións do 20D, o PSdeG foi a terceira forza na Galiza, após da irrupción de En Marea.