O PSdeG aposta na continuidade e mantén as cabezas de lista para o 10N

O PSdeG aposta na continuidade e mantén as cabezas de lista para o 10N

Son as mesmas persoas que nas elección estatais do pasado mes de abril: Pilar Cancela (A Coruña), Ana Prieto (Lugo), Olga Alonso (Pontevedra), Mariña Ortega (Ourense).


As persoas que encabezarán as candidaturas do PSdeG polas catro circunscricións galegas para as eleccións do 10 de novembro serán as mesmas que as que o fixeron nos anteriores comicios estatais, en abril pasado. Así o anunciou o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, que indicou que as listas serán as mesmas que na anterior convocatoria agás algunha modificación “puntual”.

Pilar Cancela liderará a lista do PSdeG pola Coruñanunha lista na que en abril ía seguida por Pablo Arangüena e a concelleira socialista Montse García. Olga Alonso, concelleira en Vigo, será a número 1 por Pontevedra. Marina Ortega fíxoo por Ourense e Ana Prieto por Lugo.

Pola súa banda, encabezaron as candidaturas ao Senado Antonio Vázquez Lorenzo (A Coruña), César Mogo (Lugo), Modesto Pose (Pontevedra) e Juan Carlos Francisco Rivera (Ourense).

Nas eleccións estatais de abril pasado o PSdeG foi a forza máis votada na Galiza, obtendo 32% dos votos e atinxindo 10 deputados e deputadas.