ELECCIÓNS PRIMARIAS

O PSdeG dá conta de queixas de interventores vinculados a Leiceaga nas votacións de Vigo

O PSdeG dá conta de queixas de interventores vinculados a Leiceaga nas votacións de Vigo
Pilar Cancela, responsábel da xestora do PSdeG
Pilar Cancela, responsábel da xestora do PSdeG  

No transcurso das eleccións primarias que realiza este sábado o PSdeG producíronse incidencias segundo interventores relacionados con Xaquín Fernández Leiceaga. Advirten de que non se cumpriu o protocolo de comprobación do nome da persoa electora co censo.


O Comité Organizador Nacional de primarias do PSdeG e a Comisión Nacional de Garantías Electoral vén de enviarlle unha advertencia á agrupación de Vigo após se rexistraren queixas por parte de interventores vinculados con Leiceaga a respeito da falta de comprobación das persoas electoras co censo.

Tal e como publica Europa Press, contra as 13h chegou un aviso a Vigo no que o comité organizador e o de garantías lembraban que era preciso, á hora de votar, dicir en alto” o nome da persoa electora antes de emitir a papeleta.

A asemblea de Vigo, na que se rexistrou a incidencia, está liderada por Abel Caballero, quen lle deu publicamente o seu apoio a José Luis Méndez Romeu.

Esta noite, perto das 22h, daranse a coñecer o resultado das votacións que dirimirán quen será o candidato do PSdeG ás eleccións galegas, se Méndez Romeu ou Leiceaga.