O PSdeG denuncia que Feixoo “abandonou o medio rural”

O PSdeG denuncia que Feixoo “abandonou o medio rural”
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e a alcaldesa de Sarria Pilar López. Foto: PSdeG.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e a alcaldesa de Sarria Pilar López. Foto: PSdeG.  

“Feixoo fixo política contra os concellos”. Con esta contundencia expresouse o secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero, quen engadiu que a Xunta do PP “abandonou o medio rural”. O líder socialista fixo as declaracións en Sarria, onde participou na feira de San Isidro canda a alcadesa Pilar López.
 


“A incapacidade de xestión de Feixoo acaba implicando que os concellos asuman máis traballo do que lles corresponde malia non contar con orzamentos para facelo”, denunciou Caballero. Falaba en concreto da “loita contra as plagas ou os incendios” ou da “atencións aos cans abandonados”. “A Xunta non cumpre e delega nos concellos sen axudar nin dar fondos”, engadiu.

Gonzalo Caballero tamén se referiu á política agraria común (PAC) e afirmou que o seu partido “traballará por unha PAC que permita ao sector máis ingresos dos que percibe a dúa de hoxe debido a unha cadea de distribución que os perxudica”. “Comprometémonos cunha política europea que poña o centro de atención nas necesidades da cidadanía”, dixo, antes de conckuír que “cómpre ter actividade económica pegada aos territorios”.