O PSdeG di que as súas medidas móstrano como “eixo da alternativa a Feixoo”

O PSdeG di que as súas medidas móstrano como “eixo da alternativa a Feixoo”

As 40 propostas de resolución fan fincapé na necesidade de defender “o estado de benestar”.


O portavoz do Grupo do PSdeG no Parlamento galego, Fernández Leiceaga, afirmou que as 40 propostas de resolución presentadas no debate do estado da nación responden a un “alto nivel de exixencia” e que esas medidas mostran “o camiño” do PSdeG como “eixo da alternativa a Feixoo” con propostas centrais en materia de revitalización demográfica, defensa dos servizos sociais, sectores produtivos ou o diálogo co goberno central.

O PSdeG propón  propostas para defender o ensino público, recuperando a gratuidade dos libros de texto na educación obrigatoria, ou a posta en marcha dun Plan que permita dar “pasos efectivos” para conseguir as residencias para maiores nas grandes cidades.

Fernández Leiceaga reclamou ademais garantías de que a entrada da universidade privada no mapa galego garanta unha educación superior “de calidade” e complementaria á oferta pública, e reclamoulle ao goberno galego que garanta as condicións desta nova oferta.

Que Galiza estea “expulsando” aforro e traballo cualificado ao mesmo tempo. As propostas socialistas inclúen o impulso da formación para o emprego, solo industrial ou o aumento dos recursos en I+D+i. Ademais, propuxo un Pacto Industrial que garanta unha transición enerxética “xusta”,.

Fernández Leiceaga defendeu unha posición “construtiva e reivindicativa” co Estado central, reivindicando os compromisos pendentes sinaladamente en materia de infraestruturas, como é o caso do AVE ou do Corredor Noroeste de mercadorías ferroviarias.