O PSdeG é o partido máis votado e Caballero fala “de novo tempo na Galiza”

O PSdeG é o partido máis votado e Caballero fala “de novo tempo na Galiza”
O secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero na noite elctoral. Foto: PSdeG.
O secretario xeral do PSdeG Gonzalo Caballero na noite elctoral. Foto: PSdeG.  

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, tardou en comparecer. Fíxoo despois de Pedro Sánchez en Madrid. E cando á fin falou, pasadas as doce e media da noite, afirmou que se abre “un novo tempo político en Galiza, péchase o tempo político do PP”.
 


“O PSdeG gañou as eleccións por primeira vez na historia democrática de Galiza, e fíxoo de forma clara e contundente”, afirmou Caballero, “máis de 500.000 galegas e galegos depositaron a súa responsabilidade nos socialistas. A esquerda ten un apoio maioritario no país”.

O líder do Partido Socialista non esqueceu mencionar o presidente da Xunta e referiuse á “derrota electoral de Feixoo”. Co 27% dos votos, o PP colleitou un dos peores resultados da súa historia na Galiza.