O PSdeG vótase a si mesmo e facilita a alcaldía de Fene ao PP

O PSdeG vótase a si mesmo e facilita a alcaldía de Fene ao PP
Concello de Fene. Imaxe: Turismo.gal.
Concello de Fene. Imaxe: Turismo.gal.  

Os catro concelleiros do PSOE na corporación municipal de Fene facilitaron este sábado a alcaldía ao candidato do PP, Gumersindo Galego. Fixérono ao votar pola súa propia candidata, Mar Piñeiro, e non polo do BNG, Juventino Trigo.
 


O Bloque obtivo seis concelleiros o pasado 26 de maio e xa acadara un acordo co edil electo de Esquerda Unida. As propostas dos nacionalistas ao Partido Socialista para negociar a investidura non prosperaron e este acabou por abrir paso ao Partido Popular. O xa alcalde de Fene accedera ao posto no pasado mandato logo dunha moción de censura contra Trigo apoiada por Somos Fene.

“O PSOE impide que se cumpra a vontade, por ampla maioría, dos veciños de Fene, que querían un Goberno de esquerdas”, declarou o candidato do BNG ao rematar o pleno. Á saída da investidura houbo apupos para a concelleira socialista Mar Piñeiro.