O PSdG recorre perante o Tribunal Constitucional cinco emendas do PP na Lei de Acompañamento

O PSdG recorre perante o Tribunal Constitucional cinco emendas do PP na Lei de Acompañamento
Tribunal Constitucional
Tribunal Constitucional  

O portavoz do grupo do PsdeG no Parlamento, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou un recurso de amparo diante do Tribunal Constitucional pola decisión do PP de aproveitar o proxecto de Lei de Acompañamento aos orzamentos de 2019 para emendar até 5 leis ou decretos que non foran incluídos polo goberno galego. O socialista advirte que esta práctica “abre as portas a emendar calquera texto legal” en calquera debate lexislativo.

Fernández Leiceaga sinala ademais que o PP foi “moito máis alá” ao incluír 5 reformas lexislativas saltándose todos os trámites parlamentarios. Impiden así que a oposición poida actuar e debater sobre as mesmas, xa que “non é posíbel emendar as emendas” que presenta outro grupo parlamentar.

O portavoz socialista incidiu na gravidade da decisión do PP, que inclúe nas súas emendas a modificación, entre outras, da Lei de Caza de Galicia, da Lei do CES ou o decreto que regula os centros de menores e de atención á infancia. Ningunha delas fora afectada polo proxecto de Lei orixinal enviado polo goberno galego ao Parlamento.



x