ORZAMENTOS 2019

PSOE e Unidos Podemos pactan subir o salario mínimo e o imposto de patrimonio

PSOE e Unidos Podemos pactan subir o salario mínimo e o imposto de patrimonio

Pedro Sánchez e Pablo Iglesias fecharon un acordo para os orzamentos xerais do estado de 2019.


Fumata branca nos cuarteis xerais de PSOE e Unidos Podemos: Finalmente, ambas as dúas organizacións, após semanas de negociacións, acadaron un acordo para os orzamentos xerais do estado de 2019. Son 151 escanos. O goberno terá que negociar agora con outras forzas (ERC, Compromís, PDeCAT, PNV…) para asegurar maioría suficiente para aprobar as contas. Unha aprobaión que pode ser por maioría simple, é dicir, abonda cun voto máis a favor que en contra.

O documento, asinado nesta quinta feira por Pedro Sánchez e Pablo Iglesias contén unha serie de medidas, entre as que destacamos algunhas das máis significativas.

1) O salario mínimo increméntase dos 736 euros actuais a 900 euros.

2) O imposto do patrimonio increméntase en 1% a partir dos 10 millóns de euros

3) Reforma parcial da Lei electoral (Loreg) que obrigará ás candidaturas-cremalleira e mailing electoral conxunto

4) Baixas de maternidade e paternidade iguais e intransferíbeis

5) Educación universal de 0 a 3 anos. Destinmarase 300 millóns de euros a este obxectivo

6) O orzamento para ciencia e I+D+i incrementará en máis de 6%

7) Regulación do mercado de alugueres urbanos: aumento de fondos para plans de vivenda, ceder a regulación dos alugueres máis caros aos concellos

8) Eliminar  do código penal o controvertido artigo 315.3 que persigue os sindicalistas porque inclúe penas de cárcere para os piquetes das greves.

9) Suba de IRPF a partir de 130.000 euros. Increméntase dous puntos os tipos impositivos sobre a base xeral para os contribuíntes que teñan rendas superiores a 130.000 euros e 4 puntos para a parte que execde de 300.000.

10) 0,2% de taxa ás  transaccións financeiras. 



x