QUEIMA DUNHA IMAXE DO REI ESPAÑOL

A mocidade nacionalista reivindica que Galiza "non ten nada a celebrar" o 12-O

A mocidade nacionalista reivindica que Galiza "non ten nada a celebrar" o 12-O
Imaxes: Galiza Nova
Imaxes: Galiza Nova  

Acto político de Galiza Nova en Compostela, onde se rexeitou "a monarquía española" e "todo o que representa" e situou a construción da "República galega" como alternativa ao "réxime" actual.


O 12 de outubro, Día da Hispanidade, nin Galiza nin a mocidade galega teñen nada a celebrar. Eis a mensaxe central do acto político que Galiza Nova organizou en Compostela esta sexta feira e durante o cal se prendeu lume a unha imaxe do monarca español, Filipe VI.

DpTQsksWkAAioHD

"O 12 de outrubro é a celebración dunha masacre. Nós non temos nada que celebrar, Galiza non celebra masacres nin xenocidios", afirmou Navia Rivas, integrante da dirección de Galiza Nova e unha das intervintes no acto.

Alberte Fernández, secretario xeral da organización xuvenil nacionalista, sinalou que "rexeitamos este réxime e todo o que representa. A monarquía española representa a continuidade do franquismo". Tamén apuntou que GN aposta en "construir unha sociedade nova na Galiza, na que os nosos dereitos estean garantidos. Non deixaremos de loitar ata conseguir unha Galiza ceibe e popular".

A organización considera que este é un "réxime totalmente inxusto", que" mantén á súa cabeza unha institución totalmente anacrónica e que nos condena á dependencia do estado español". Fronte isto, reiteran os mozos e mozas de GN, a aposta é  "construír a República da Galiza, na que as mozas poidamos ser verdadeiramente libres".



x