ELECCIÓNS

Como, cando e quen elixe as deputadas e deputados provinciais?

Como, cando e quen elixe as deputadas e deputados provinciais?
Un pleno da Deputación da Coruña
Un pleno da Deputación da Coruña  

O 26 de maio as galegas e galegos que acudan ás urnas atoparán a papeleta para elixir as súas representantes nos concellos e mais no Parlamento europea. E as actas das deputacións provinciais, como se escollen? Explicámolo.


As galegas e galegos que acudan ás urnas o 26 de maio non atoparán unha papeleta para elixir as deputadas e deputados provinciais. Estas actas non son de elección directa, senón que unha vez constituídos todos os concellos, os escanos das deputacións provinciais repártense, por cada partido xudicial, de forma indirecta.

O reparto faise seguindo a fórmula D’Hondt entre aquelas forzas políticas que obtivesen algún concelleiro ou concelleira e segundo o número de votos logrados por cada un deles. As deputadas e deputados provinciais que corresponden a cada partido xudicial son elixidos polas concelleiras e concelleiros eleitos de todos os concellos dese partido xudicial.

Á Deputación da Coruña correspóndenlle un total de 31 actas provinciais, que se reparten da seguinte maneira: 1 para Corcubión; 2 para Carballo; 3 para Noia; 8 para Compostela; 10 para A Coruña; 2 para Betanzos e 5 para Ferrol.

No caso de Lugo, as 25 actas repártense entre Mondoñedo (6); Vilalba (2); Lugo (12); A Fonsagrada (1); Chantada (2) e Monforte (2).

En Pontevedra, o reparto dos 27 escanos é o seguinte: 3 para Cambados; 1 para A Estrada; 1 para Lalín; 7 para Pontevedra; 11 para Vigo; 1 para Pontevedra e 3 para Tui.

A respecto de Ourense, as 25 actas distribúense así: 2 en Verín; 2 en Ribadavia; 15 en Ourense, 1 en Bande; 1 na Pobra de Trives; 2 en Celanova e 2 no Barco de Valdeorras.

O proceso de elección de deputadas e deputados provinciais ponse en marcha unha vez se constitúen as Corporacións Municipais, que nesta ocasión terá lugar o 15 de xuño.