ENTREVISTAMOS JUAN CARLOS PIÑEIRO

"Queremos chegar ás municipais con 120 candidaturas"

"Queremos chegar ás municipais con 120 candidaturas"
[Imaxe: Bea G. Caneda] Juan Carlos Piñeiro
[Imaxe: Bea G. Caneda] Juan Carlos Piñeiro  

Leva 6 meses ao fronte da secretaría xeral de Compromiso por Galiza e fai un balanzo positivo deste tempo. Galeguista firme e socialdemócrata centrado, Juan Carlos Piñeiro vende futuro ao falar de Compromiso. O galeguismo é a vía para seducir a sociedade porque, enfatiza, é un conceito máis amplo que o nacionalismo. E, porén, tampouco renuncia, ao final do camiño, a un Estado galego propio. Deixamos un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 258.


En que momento está Compromiso por Galicia?

Coido que está nun bon momento. Tivemos un traspés nas autonómicas, digo isto sen paliativos, e a partir daí decidimos reiniciar o proxecto e hoxe en día podemos dicer que estamos ben, moi ben, a estratexia de implantación territorial está a funcionar, hai moita ilusión na xente, moita confianza no proxecto e eu, nese aspecto, estou contento. Contento da resposta, das novas que se van producindo, novas agrupacións que se van abrindo e nova xente que se incorpora a Compromiso por Galicia. Hai que continuar a traballar e a mellorar. A autocompracencia non vale de moito, mais podemos dicer que imos no bon camiño.

6En cantos concellos estaría neste momento Compromiso?

Estrutura orgánica debemos de ter en por volta de 60 concellos. E despois neste novo curso político contamos con implementar Compromiso en 30 máis, co obxectivo claro de chegar ás municipais [2019] visando apresentar da orde de 115-120 candidaturas.

Vós preferides a definición de galeguista á nacionalista. Por que?

Foi unha cuestión que se debateu e aprobou xa na fundación de Compromiso. Galeguista é un termo máis amplo e o que nos diferencia de declarármonos como nacionalistas é ao final a definición final do país. Nós apostamos no máximo de autogoberno da Galiza dentro de Europa. Esa é a única diferenza.

[Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 258, á venda na loxa e nos quiosques habituais]