Quintana deixa o BNG porque di non compartir o seu proxecto político de “hoxe”

Quintana deixa o BNG porque di non compartir o seu proxecto político de “hoxe”
Anxo Quintana
Anxo Quintana  

É, despois do precedente de Beiras, o segundo portavoz nacional na historia do BNG que abandona a organización. O ex vicepresidente da Xunta (2005-2009) dá este paso após a asemblea de Palexco. 


Esta terza feira, o que tamén en tempos fora alcalde de Allariz, senador e deputado no Parlamento galego enderezou unha carta ao responsábel local en que expresaba as razóns que o levan a tramitar a súa baixa na organización.

Quintana manifesta que non partilla o proxecto político do BNG de “hoxe”, nen “na forma nen no fondo nen na táctica nen nos obxectivos estratéxicos”.

Esclarece Quintana que non se dá de baixa como nacionalista e deixa claro que non vai ingresar en ningunha outra forza política, a diferenza de Carlos Aymerich, quen apuntou a En Marea como novo espazo político no que se pensa mover.

O ex portavoz nacional argumenta que neste momento apenas partilla nada do que fai o BNG e que non pode continuar nel exclusivamente por motivos sentimentais.



x