Ribeiro en Común abre paso ao PP ao se votar a si mesmo en Ribadavia

Ribeiro en Común abre paso ao PP ao se votar a si mesmo en Ribadavia
Casa do Concello de Ribadavia. Foto: Wikipedia.
Casa do Concello de Ribadavia. Foto: Wikipedia.  

A esquerda obtivo unha ampla maioría en Ribadavia o pasado 26 de maio. Catro concelleiros o PSdeG, tres Ribeiro en Común e un o BNG. O PP, encabezado polo até agora deputado no Hórreo César Fernández Gil, cinco. Pois ben: Fernández Gil será alcalde.


A investidura do popular é resultado do desacordo entre as outras tres forzas políticas. Ribeiro en Común e Partido Socialista non foron quen de acordar nin pacto nin coalición. Este sábado, 15 de xuño, a marea votou o seu propio candidato, Brais Fidalgo. PSOE e BNG fixeron o mesmo, e o PP viu así despexado o camiño á alcaldía.

Fernández Gil abandona así o Parlamento Galego, dado que a lei electoral galega decerta incompatíbeis as condicións de parlamentario e alcalde.