Sánchez chama a castigar nas urnas a PP e Cs polos seus pactos coa ultradereita

Sánchez chama a castigar nas urnas a PP e Cs polos seus pactos coa ultradereita
Pedro Sánchez en Vigo [Imaxe:PSOE]
Pedro Sánchez en Vigo [Imaxe:PSOE]  

Pedro Sánchez coprometeuse ante 2.000 persoas en Vigo a “seguir facendo grandes cousas por Galiza” e chamou a castigar a PP e Ciudadanos por non teren freado a ultradereita.


Pedro Sánchez xuntou a máis de 2.000 persoas no Auditorio de Vigo, desde onde se comprometeu a “seguir facendo cousas por Galiza” porque a “política é un instrumento para a prosperidade e non se pode circunscribir ao insulto como fai a dereita e as súas tres siglas ”, afirmou.

O presidente do Goberno e candidato do PSOE á reelección, Pedro Sánchez, chamou á mobilización do voto para reprochar ao Partido Popular e a Ciudadanos por non teren feito fronte á ultradereita. Así mesmo, afirmou Sánchez que “a ultradereita non ten nada de novo, que existiu antes e agora, dentro e fóra do PP”.

“A ultradereita non ten nada de novo, existiu antes e agora, dentro e fóra do PP”, sinalou Sánchez

Asegurou que tanto a dereita como os líderes independentistas saben “que a independencia non se vai producir, porque o problema non é de dependencia ou independencia, senón de convivencia”, e aseverou que este se ha de resolver dentro do marco do estatuto de autonomía.

No acto  tamén participou a candidata por Pontevedra, Olga Alonso, o secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Segundo a organización, xuntáronse no Auditorio de Vigo 2,000 persoas, das que 400 tiveron que seguir o mitin por pantalla por completarse o aforamento.



x