“Sempre por Galiza”, “Llibertat” e “Askatasuna”, os votos do soberanismo para a Mesa do Congreso

“Sempre por Galiza”, “Llibertat” e “Askatasuna”, os votos do soberanismo para a Mesa do Congreso
(@NestorRego)
(@NestorRego)  

A socialista, Meritxell Batet, elexida presidenta do órgano en segunda votación


A socialista Meritxell Batet non logrou os apoios precisos en primeira volta para ser presidenta da Mesa do Congreso, tivo 167, por 91 de Ana Pastor (PP) e 52 de Macarena Olona (Vox).Tivo que agardar á Segunda Votación para ser eleita presidenta (166 apoios).

Nesta primeira volta o soberanismo optou pola abstención, anunciando e mostrando, os lemas que ían depositar na votación. Néstor Rego, BNF, puxo “Sempre por Galiza”, “é unha forma de abstención remarcando que o noso compromiso é traballar sempre por Galiza”, explicaba nas redes o propio deputado

“Llibertat’ foi o lema que escribiron na folla de votación os deputados e deputadas de ERC, mentres que EH Bildo apostou pola mesma reclamación mais en euskera, 'Askatasuna’.