Só 10% dos convenios de colaboración de Medio Rural son para concellos non gobernados polo PP

Só 10% dos convenios de colaboración de Medio Rural son para concellos non gobernados polo PP
Ángeles Vázquez, conselleira Medio Rural.
Ángeles Vázquez, conselleira Medio Rural.  Foto: Xunta

Dos 50 convenios de colaboración subscritos pola Consellaría no último cuadrimestre do ano pasado, 45 foron con municipios con alcaldía do Partido Popular, denuncian desde o PSdeG.


A Consellería do Medio Rural repartiu entre concellos gobernados polo PP 9 de cada 10 convenios de colaboración que asinou no ultimo cuadrimestre de 2018. Son dados que a Begoña Rodríguez,  portavoz de Facenda e de Política Local do Grupo Socialista, expuxo no Parlamento da Galiza para denunciar “o reparto a dedo” das axudas” por parte desta Consellaría.

A listaxe do reparto de convenios de colaboración correspondente ao III cuadrimestre de 2018 inclúe actuacións para mellora de camiños, asfaltado, adquisición de maquinaria agrícola, reparación de camiños, accesos, seguridade viaria, pavimentación ou abastecemento de augas. En total foron 50 convenios e 2,5 millóns de euros, dos que 45 beneficiaron a concellos do PP, que recibiron 2,3 millóns de euros, e os outros 5 para os concellos gobernados por formacións políticas, segundo a socialista.

Afirmou, ademais que durante o pasado ano 2018 foron asinados un total de 119 convenios, dos que 89 recaeron en gobernos do PP, que recibiron 4 dos 5,2 millóns de euros dispoñíbeis.