AS ELECCIÓNS A OLLOS DE...CHEIKH FAYÉ

"Son coruñés e o que é bo e o que é malo para este concello tamén é bo e malo para min"

"Son coruñés e o que é bo e o que é malo para este concello tamén é bo e malo para min"
Cheikh Fayé autor de Ser Modou Modou
Cheikh Fayé autor de Ser Modou Modou  

Cheikh Fayé é veciño da Coruña e naceu na comunidade rural de Gade Escale, no Senegal. En 2017 publicou da man da AS-PG o seu primeiro ensaio, Ser Modou Moudou, co que se converteu no primeiro escritor senegalés en lingua galega. Traballou como profesor de Xeografía e Historia en Dakar e en 2003 chegou á Coruña. É autor do blog Senegaliza e é unha das sinaturas habituais nas columnas de opinión de Sermos Galiza.


Cales son as necesidades da Coruña?

O primeiro é que as persoas migrantes con residencia permanente na Coruña temos que ter todos os dereitos para poder participar da vida da cidade. Nós vivimos nesta cidade e aquí pagamos os nosos impostos e alugueiros como todos os veciños e veciñas, mais a nós impídesenos participar e decidir. Nese sentido, as persoas con responsabilidades de goberno teñen que presionar as autoridades para que as e os migrantes que vivimos aquí poidamos participar das eleccións municipais.

As promesas da Marea Atlántica non foron ben cumpridas

Por outra banda, as promesas da Marea Atlántica non foron ben cumpridas, de feito teño claro que o BNG vai recuperar votos da súa antiga base simpatizante que nas pasadas eleccións municipais optou pola Marea.

Que precisa A Coruña no novo mandato?

Queda moito por facer en distintos planos. Por exemplo no que ten que ver co saneamento dos espazos públicos pero sobre todo, hai que mellorar as políticas sociais. Nos orzamentos non houbo case gasto dirixido ás persoas en situación de exclusión social.

Outro dos problemas que ten a cidade e que ao cómpre dar solución é a carencia de aparcadoiros para automóbiles. Na Coruña hai moitas dificultades para estacionar o coche.

Que é A Coruña para ti?

Para min A Coruña é o meu segundo lugar, eu son coruñés e o que é bo e o que é malo para este concello tamén é bo e malo para min. Por iso vou participar nas eleccións municipais, para axudar a conseguir melloras para a cidade.