Soraya Sáenz de Santamaría deixa a política

Soraya Sáenz de Santamaría deixa a política
Soraya Sáenz de Santamaría
Soraya Sáenz de Santamaría  SG

A exvicepresidenta do goberno español con Raxoi comunicou a decisión a Pablo Casado.


Perdeu a carreira pola presidencia do PP contra Pablo Casado e desde aquela refuxiouse no silencio. Un silencio que Soraya Sáenz de Santamaría rachou esta segunda feira para anunciar que deixaba a política, comunicando a decisión ao propio Casado nunha xuntanza na sede central do PP, en Madrid.

A exvicepresidenta do goberno español afirma nun comunicado que após “unha profunda reflexión” e desde o convencemento “de que é o mellor” para o PP, a súa familia e ela, abandona a política.



x