David Bruzos reivindica unha En Marea “na que non sobre ninguén”

David Bruzos reivindica unha En Marea “na que non sobre ninguén”

A candidatura 'Entre Todas' ao Consello das Mareas presentouse en Compostela.


Unha En Marea “onde non sobra ninguén”, “diversa”, “plural” e que “integre” todas as sensibilidades. Esta foi a tarxeta de presentación que de si propia fixo a candidatura ‘Entre Todas’, que se presentou en Compostela. O seu cabeza de lista, David Bruzos, incidiu en que a aposta da lista é por “agrandar o espazo de cambio en Galiza”.

Para iso, dixo, faise preciso construír un espazo “diverso e plural en que todas se sintan cómodas” e que integra “persoas, marés municipais e movementos sociais”. Bruzos rexeitou as acusacións feitas polo actual portavoz, Luís Villares, que cre que 'Entre todas' xorde dun "pacto de cúpulas" entre Podemos, EU, Anova e as mareas de Santiago, Ferrol e A Coruña. O exdeputado entende que a candidatura camiña cara a un proxecto "máis forte" co obxectivo de "construír maiorías diversas e mestizas", algo que, ao seu xuízo, "deixou de existir" nos últimos tempos.

De por parte, Oriana Méndez, número 2 da lista ‘Entre todas’ dixo que esta candidatura representaba “a onda da Galiza que se move”” e que “somos diversas”.



x