Ediorial Sermos326: Transferencia da AP9: unha boa e unha má noticia

Ediorial Sermos326: Transferencia da AP9: unha boa e unha má noticia

O debate no Congreso da toma en consideración da proposición de lei do Parlamento de Galiza para a transferencia da AP9 á Xunta, unha iniciativa en orixe do BNG, trouxo á vez unha boa e unha má noticia.

Daremos primeiro a boa: desbloqueouse por fin a tramitación da lei e abriuse a billa para a Xunta recibir a transferencia da titularidade e as competencias sobre o réxime xurídico da concesión da AP-9. Sálvase así o veto interposto até en dúas ocasións por parte do Goberno Raxoi.

Mais é necesario pórmos agora o acento na má noticia: no pleno do Congreso os parlamentares estatais de PP e PSOE anunciaron a súa intención de modificar o contido da lei en comisión. Todo apunta a que a súa intención é eliminar a súa disposición adicional terceira, aquela que prevé que o Estado asumiría o rescate da concesión no caso de que a Xunta decidise optar pola xestión directa, e non através dun concesionario privado, dunha infraestrutura vertebral para o país que a día de hoxe carece de alternativa competitiva libre de peaxe.

É necesario pórmos agora o acento na má noticia: no pleno do Congreso os parlamentares estatais de PP e PSOE anunciaron a súa intención de modificar o contido da lei en comisión

O debate, porén, continúa aberto. Sería moi útil para os intereses galegos que PPdeG e PSdeG presionasen os seus estados maiores centrais para que deixen a cousa como está e non rebaixen -ou cepillen, utilizando o termo de Alfonso Guerra- o contido da lei.

Só unha cousa máis: 9 anos despois de Feixoo aterrar na Xunta, Galiza pode conseguir a súa primeira transferencia. Mais non precisamente polo impulso do PP: