O TSXG procesará Pachi Vázquez por prevaricación

O TSXG procesará Pachi Vázquez por prevaricación

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acordou procesar o ex-secretario xeral do PSdeG, ex-conselleiro e deputado por supostos delitos de prevaricación continuada cando era alcalde da localidade ourensá do Carballiño.


O TSXG acordou procesar Pachi Vázquez por un suposto delito de prevaricación durante a súa etapa como alcalde do Carballiño. O Ministerio Fiscal solicitara nun escrito o procesamento para o ex-secretario xeral do PSdeG por entender que como rexedor interveu na contratación irregular de 37 persoas desde 1999 e especialmente entre 2003 e 2005.

Estes contratos fixéronse, segundo esa explicación, de forma “arbitraria, atendendo en exclusiva a afinidade de tipo político, persoal ou doutro tipo”. A Fiscalía aprecia “relevantes e significativos indicios racionais de criminalidade” do ex-conselleiro de Medio Ambiente polo que solicitou ao TSXG o seu procesamento.