A UE di que a investigación do accidente de Angrois non foi independente

A UE di que a investigación do accidente de Angrois non foi independente
Ana Miranda e representantes da Plataforma de vítimas [Imaxe BNG]
Ana Miranda e representantes da Plataforma de vítimas [Imaxe BNG]  

Así o recolle o documento entregado esta tarde á portavoz do BNG en Bruxelas, Ana Miranda, e representantes da Plataforma de vítimas e familiares. 


O informe elaborado pola Axencia de Seguridade Ferroviaria da UE sinala que a Comisión creada polo Ministerio de Fomento español céntrase unicamente no "erro humano" como causa do accidente mais non afonda nos "elementos chave" que derivaron na catástrofe e que define como "causas fundamentais e subxacentes" do sinistro como por exemplo as características do propio tren ou da vía. 

Ana Miranda exixe a demisión da ministra de Fomento e das persoas responsábeis de seguridade ferroviaria  perante un informe que tilda de "demoledor"

Desde o BNG, a portavoz da organización frontista en Bruxelas, Ana Miranda, asegurou que as conclusións da investigación comunitaria exixen a "demisión da ministra de Fomento, Ana Pastor". "Debe demitir e con ela todos os responsábeis de seguridade ferroviaria no Estado español", apuntou após a xuntanza. 

E é que o informe europeo, de 12 folios sinala catro conclusións "moi claras", explicou Miranda. 

As conclusións

1. Que a composición da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) non aseguraba a necesaria independencia

2. Que a investigación estivo centrada só na causa directa do sinisto, un erro humano, obviando outras causas. Neste senso, poderían existir máis responsábeis alén da única persoa imputada na instrución xudicial, o maquinista. 

3. A Axencia de Seguridade Ferroviaria subliña a falta de colaboración de Renfe, Adif, Ideco e mesmo de persoal da función pública do Ministerio de Fomento ao negárense a contestar a preguntas relacionadas coa investigación. 

4. O incumprimento da Directiva europea de Seguridade Ferroviaria nos seus artigos 19 e 21 a respeito da independencia que debe ser garantida nas comisións de investigación. 

Neste senso, a Axencia europea reafirma o ditame da Audiencia Provincial da Coruña. Cumpre lembrar que no seu último auto exixía a reabertura do proceso de investigación ao entender que ficaban por aclarar "extremos expostos" como o risco de accidente na curva da Grandeira, onde se produciu o sinisto o 24 de xullo de 2013. 

O Informe

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) conseguiu finalmente que as autoridades europeas difundan as conclusións do informe elaborado arredor do accidente ferroviario de Angrois no que faleceron 81 persoas e máis dun cento resultaron feridas. 

Malia a negativa inicial de facer públicos os resultados --segundo a portavoz do Bloque en Bruxelas, Ana Miranda, polas presións do goberno español-- o responsábel de Seguridade Ferroviaria, Herald Ruijters, e o de director executivo da Axencia de Seguridade Europea (ERA), Josef Doppelbauer, reuniuse esta quinta feira (7 de xullo) ás 16h. coa propia Miranda e con representantes das vítimas do sinistro para coñecer de primeira man o contido da documentación comunitaria. 

Demoras na publicación

Neste senso, desde a organización frontista lembran que a elaboración do documento foi o resultado da viaxe de representantes da Plataforma de vítimas a Bruxelas en novembro de 2015 auspiciada polo BNG. O traballo incorpora dados adicionais aos manexados até o momento. Razón pola que contén grande interese. 

Así as cousas, malia que o compromiso europeo situaba en maio de 2016 a publicación do informe esta foi retrasada até hoxe. A presión política, mais tamén social e mediática desenvolvida pola propia Plataforma através da recollida de sinaturas