O último debate da nación desta lexislatura bota o fecho con 9 acordos por unanimidade

O último debate da nación desta lexislatura bota o fecho con 9 acordos por unanimidade

Aprobáronse 58 resolucións, a gran maioría do PP, que ten a maioría na Cámara.


Houbo debate duro e houbo tamén momentos para o acordo. A última xornada do derradeiro debate do estado da nación desta lexislatura acabou con 9 acordos de resolución acadados por unanimidade dos 5 grupos parlamentares: PP, PsdeG; Grupo Común da Esquerda, BNG e Grupo Mixto.

Estudar os efectos e consecuencias do Brexit na economía da Galiza, aumentar a superficie agraria útil existente no noso país, conectar os portos galegos co corredor atlántico europeo ou prohibir o uso do glisofato son algunhas desas medidas aprobadas co apoio de todos os grupos.

Das 200 propostas de resolución presentadas neste debate aprobáronse 58. Das 40 medidas do PP 34 saíron adiante tal e como se presentaron e 6 modificadas con acordos con algún outro grupo, nomeadamente o PsdeG. Das 40 do PsdG saíron adiante 10, do Grupo Mixto, 9, do BNG, 3 e do Grupo Común da Esquerda, 2.