Unidas Podemos demanda en Cambre o saneamento integral das rías

Unidas Podemos demanda en Cambre o saneamento integral das rías

Vanessa Angustia, integrante da candidatura a Europa, e a candidata de EU en Cambre, Olga Santos, defenderon a actuación para o futuro da comarca”.


Vanessa Angustia, exsenadora de En Marea e nº10 da candidatura de Unidas Podemos Cambiar Europa nas eleccións europeas, demandou canda Olga Santos, candidata á alcaldía de Cambre por EU, e Loreto Taibo, nº2 desa lista municipal, unha mellora no “saneamento inmediato e integral da Ría do Burgo para o futuro da comarca”.

Vanessa Angustia dixo que hai unidade para traballar xuntas e rachar o que consideran que prexudica á Ría do Burgo: “a burocratización de espazos e a lonxanía das decisións que se toman en Europa, que non chegan ás veciñas e veciños”.

“Esta situación é unha irresponsabilidade do Goberno do PP ao non deixar negociar os orzamentos do Estado e prexudica directamente a veciñanza de Cambre”, denunciou a candidata.

Pola súa banda, Olga Santos lembra que hai anos que rexenerar a ría é unha urxencia e unha demanda, recordando que “2.000 persoas mariscaban na Ría antes, e agora quedan 80, polo que é importante mudar esta tendencia”.