A vella España no novo discurso

A vella España no novo discurso

Inmigración, Catalunya... Campos sobre os que Ciudadanos e PP están a construír a nivel de Estado un discurso acorde co extremismo da nova dereita europea. Tamén vale ese discurso para 
Galiza? Respondémolo no número 311 do semanario Sermos Galiza. Eis un extracto.


1Entre as valoracións que se realizaron após a vitoria a finais de xullo de Pablo Casado sobre Soraya Sáenz de Santamaría na desputa pola secretaría xeral do PP houbo varias que alertaban que se entraba nun novo escenario no que a pugna entre Partido Popular e Ciudadanos ía traducirse nunha intensificación do discurso españolista -xa de por si de alto grao- e a dereitización en cuestións como a inmigración ou o combate aos autogobernos de determinados territorios.

Pasou pouco máis dun mes desde aquela vitoria pola secretaría do PP e neste tempo populares e ciudadanos deron varios exemplos a nivel de Estado de como os seus discursos son case que idénticos en temas como o da inmigración ou belixerancia co nacionalismo. Discursos que se retroalimentan cos que Xabier Arzalluz denominara Brunete mediática, cada vez con máis peso: un exemplo, o dixital El español, de Pedro J. Ramírez, ten 32 millóns de persoas usuarias únicas, segundo dados da OJD.

Mais eses discursos a nivel estatal callan en Galiza, teñen tamén réplica no noso país por parte deses partidos?  Ou somos, parafrasando Os Resentidos, un Sitio Distinto?

“Vivimos unha enxurrada de supremacismo españolista alicerzado na lóxica do “a por ellos” que se opón a calquera expresión do dereito a decidir”, opinaba o avogado e analista político Xoán Antón Pérez Lema en Sermos Galiza, “e que tamén quere deconstruír substancialmente a máis ou menos limitada recuperación nacional acadada polas cidadanías galega, vasca e catalá a carón da descentralización política de 1978”.


 

[Podes ler a peza íntegra no número 311 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]



x