TAXAS UNIVERSITARIAS

Un vídeo das xuventudes do PSdeG presenta a Feixoo votando como Vox

Un vídeo das xuventudes do PSdeG presenta a Feixoo votando como Vox
Áitor Bouza
Áitor Bouza  

Cun audiovisual as Xuventudes Socialistas de Galicia quixeron denunciar a coincidencia de posicionamentos entre Feixoo e Vox, ao opoñérense ambos nos parlamentos galego e andaluz á gratuidade das primeiras matrículas universitarias.


Un vídeo editado pola Xuventudes Socialistas denuncia o posicionamento contrario de Alberto Núñez Feixoo á moción presentada polo PSdeG a prol da gratuidade das primeiras matriculas universitarias e denuncian que o seu sentido do voto fose igual ao de Vox no parlamento andaluz.

Na peza audiovisual “vese como o único partido na cámara andaluza que vota en contra da gratuidade das matrículas para o estudantado universitario é Vox", sinalou o secretario xeral das Xuventudes Socialistas Galegas, Áitor Bouza, e tamén se visualiza como o único partido que votou en Galiza en contra desta mesma proposta foi o PP de Feixoo.

Desde as mocidade do PsdeG queren denunciar que “o presidente da Xunta e Vox son o mesmo”

Desta maneira, desde as mocidade do PsdeG queren denunciar que “o presidente da Xunta e Vox son o mesmo” polo que “as persoas que desexasen votar a Vox xa teñen a Feixoo”, afirmaron. Bouza sinalou ademais que as políticas que defenden o presidente da Xunta e Vox son as mesmas e “van directamente en contra da mocidade”.

Piden a Feixoo que aclare se pactará con Vox nos concellos

Diante da data do 26 de maio con eleccións europeas e municipais, desde as xuventudes do PSdeG instaron a Feixoo “a aclarar que vai facer para conformar os gobernos municipais en Galiza" no sentido de se ante a perda de hexemonía do PP optará por apoiarse en Vox “como defendeu cando Pablo Casado decidiu apostar polo pacto co partido de ultradereita”, sinalou Bouza.