NAS VINDEIRAS HORAS IRÁN AO GRUPO MIXTO

Villares e 3 deputadas abandonan o grupo parlamentar de En Marea

Villares e 3 deputadas abandonan o grupo parlamentar de En Marea
Foto: X.M
Foto: X.M  

Afirma que o actual grupo no Parlamento da Galiza non representa a Marea de 2016 senón a Podemos. Acusa Anova e Esquerda Unida de 'seguidismo' do partido de Pablo Iglesias. Villares anunciou tamén que non van formalizar a súa proposta de senadora, a de Mariló Candedo. A de Sante tería por tanto o apoio dos 10 parlamentares que fican no grupo, o que pode abrir unha batalla xurídica que pode resultar en que o escano do Senado vaia para o PSdeG.


Luís Villares, Davide Rodríguez, Pancho Casal e Paula Vázquez Verao abandonan o grupo parlamentar de En Marea e nas vindeiras horas vanse incorporar ao mixto do Pazo do Hórreo.

Anunciouno o propio portavoz de En Marea, Luis Villares, respaldado por integrantes da Coordinadora. Afirmou que o grupo actual no Parlamento da Galiza non representa a Marea orixinaria de 2016, senón a Podemos. Villares tamén anunciou que non rexistraán unha proposta concreta de senador, a última pinga que veu rebordar os desencontros dentro dun grupo parlamentar ferido de morte desde hai tempo.

En Ampliación