PRESAS INDEPENDENTISTAS

Que Voltem para a Casa realizou a XIII marcha às cadeias

Que Voltem para a Casa realizou a XIII marcha às cadeias
Marcha às cadeias 2019
Marcha às cadeias 2019  

A plataforma Que Voltem para a Casa organizou unha participativa XIII marcha às cadeias baixo o lema Tempo de retornar, coa que fretaron autobuses até a prisión de Teixeiro. Foi a primeira que se realizou unicamente en territorio galego.


Marcha às cadeias 2019A XIII Marcha às Cadeias, organizada pola plataforma Que Voltem para a Casa, concluíu este un de xuño. Baixo o lema Tempo de retornar, desenvolveuse esta acción para a que se fretaron dous autocarros, un desde Ourense e outro desde Vigo, até a prisión de Teixeiro, lugar en que foron trasladados recentemente Roberto Fialhega ‘Teto’ e Eduardo Vigo ‘Edu’. Ambos pasaron varios anos de dispersión en prisións españolas.

É pois a primeira marcha que se desenvolve unicamente en territorio galego

É pois a primeira marcha que se desenvolve unicamente en territorio galego debido a que, desde hai máis de dez anos, persoas presas independentistas se atopan en cadeas do territorio galego. Así, após anos de dispersión das presas e presos e de percorrer quilómetros e quilómetros para velas, este ano a marcha foi dentro da Galiza.

Acadouse un dos obxectivos do movemento galego de solidariedade para con este colectivo de persoas presas. Mais, lembran, fica traballo por facer como é a rebaixa de grao penitenciario, a fin do réxime FIES, a revisión da condena ou a denuncia de irregularidades e abusos nos cárceres.

Desde o colectivo celebraron tamén a liberación no pasado ano da independentista Maria Ossório e Diego Santim, após anos de pasaren por diversas cadeas do Estado español.