Vota 73,8% do censo de Galiza, 15 puntos máis que en 2016

Vota 73,8% do censo de Galiza, 15 puntos máis que en 2016
Colexio electoral na Coruña
Colexio electoral na Coruña  

Fronte ao 58,76% da participación rexistrada nas anteriores eleccións xerais, as de xuño de 2016, Galiza acadou nestes comicios unha participación do 73,8% do censo electoral, 15 puntos máis.


Finalmente, votou na Galiza o 73,8% do censo electoral fronte ao 58,76% que o fixera nas eleccións xerais de 2016. Por circunscricións, na Coruña votou o 73,3% do censo, fronte ao 59,87% de 2016; Lugo, o 72,6% fronte ao 56,31%; Ourense, o 73,6% fronte ao 51,74% e pola circunscrición de Pontevedra acudiu ás urnas o 74,9% do censo fronte ao 61,22% das anteriores xerais.

Por cidades foi en Compostela onde votaron máis persoas e onde se dá unha maior diferenza a respecto de 2016, o 76,9% do censo (en 2016 a porcentaxe fora do 71,81%); a continuación, situouse Vigo, co 76,3% (71,59% en 2016), Pontevedra, co 76% (71,92% en 2016); A Coruña, co 75,8% (fronte ao 71,56%) e Lugo, co 74% (68,38% en 2016). Ourense, co 74,2% (68,90% en 2016) e Ferrol, co 71,48% (o 68,19% en 2016) foron as urbes galegas onde menos se acudiu ás urnas.

A nivel estatal a participación ascendeu ao 75,78%, fronte ao 66,48% de 2016, o que representa máis de 9 puntos máis que nas anteriores xerais. En Catalunya votou o 77,57% do censo, 14 puntos máis que en 2016, mentres que en Euskadi se pasou do 65,17% ao 74,51%.