Os votos do PP reproban o presidente da Deputación de Lugo ante a ausencia de Martínez

Os votos do PP reproban o presidente da Deputación de Lugo ante a ausencia de Martínez
Darío Campos
Darío Campos  

Agrávase a crise da institución. O PP aproveitou a reedición do cisma no seo do PSdeG, coa nova saída das súas filas do alcalde de Becerreá, para colocar Darío Campos nunha situación politicamente desairada.


Con esta iniciativa, unha declaración puramente política sen consecuencias prácticas, o PP tencionaba proxectar a imaxe dun PSdeG sen apoios e en minoría na corporación. Campos só tivo os votos dos seus 10 fieis, os do grupo socialista. Os dous deputados do BNG optaron pola abstención. "Non nos poden pillar nesa pelexa que teñen entre eles para ver quen manda máis", alegou o nacionalista Xosé Ferreira, en declaracións recollidas por Europa Press.

Os 12 votos cos que conta o PP no plenario da institución bastaron pois para reprobar Darío Campos, a quen os seus ovacionaron consumada a votación.

Martínez -obxecto dun procedimento interno que presumibelmente desembocará na súa expulsión do PSOE- tampouco quixo aliñarse co PP neste momento, así que se fixo a un lado. Ausentouse do pleno para non votar. Esta mesma terza feira, rexistou a súa petición de baixa do grupo do PSdeG na corporación provincial.



x