Xosé Antón López será o candidato de CxG por Compostela

Xosé Antón López será o candidato de CxG por Compostela
Xosé Antón López
Xosé Antón López  

Compromiso por Galicia é a primeira forza que presenta oficialmente o seu candidato ás municipais en Compostela. Xosé Antón López encabezará a lista despois de gañar as primarias. 


Á espera de posíbeis acordos con outras forzas políticas, Compromiso por Galicia presenta Xosé Antón López como o seu candidato por Compostela, despois de ter gañado as primarias que se desenvolveron o pasado sábado e nas que non só votou a militancia, senón que estaban abertas á cidadanía. 

A forza liderada por Xoán Bascuas fixo públicos os resultados gabándose de ser a primeira vez na historia de Santiago na que o cabeza de lista se escolle por medio de eleccións primarias abertas. 

“Hoxe é un día importante para Compromiso e un día importante para a Democracia. Compromiso por Galicia é un referente nas eleccións primarias abertas”, destacou o xa candidato Xosé Antón López ao tempo que tendía a man para a integración de Xosé María Rodríguez, que tamén se presentou á elección. Xosé Antón López gañou con 206 votos fronte aos 153 de Xosemaría Rodríguez

“Hoxe comeza unha nova etapa na que se empezará a falar das necesidades de Compostela e se deixará de falar de Pikachus, Pokemons e concelleiros designados a dedo”, apuntou o secretario local, Modesto Toribio. 

Avogado de profesión e cunha longa traxectoria no asociacionismo veciñal, Xosé Antón López encabezará a candidatura de CxG despois dunha longa militancia no PSOE da cidade que abandonou antes de se afiliar á forza liderada por Bascuas. 



x