O PP SAE NA DEFENSA DE ENCE

A Xunta advirte de que usará "todos os instrumentos xurídicos" contra a decisión do Goberno sobre Ence

A Xunta advirte de que usará "todos os instrumentos xurídicos" contra a decisión do Goberno sobre Ence
Ence
Ence  

O director xeral de  Enerxía, Anxo  Bernardo, anunciou na Comisión de Industria que a Xunta empregará todos os instrumentos xurídicos “ao seu alcance" para asegurar que Ence fique no seu emprazamento actual.


Perante a decisión do goberno español de desistir na defensa da prórroga a Ence, o PP teima en esixir a permanencia do complexo contaminante no seu emprazamento actual. Nesta liña, Tahoces denunciou que o desestimento do goberno español afecta as competencias da Xunta e que impacta negativamente na economía.

A resposta de Tahoces débese á pregunta que con carácter de urxencia presentou Miguel Tellado, secretario xeral do PP na Galiza, quen considera responsábel o goberno central de facer perigar miles de postos de traballo en Pontevedra derivados directa e indirectamente de Ence.

Tellado ve Pedro Sánchez "un perigo para a industria galega", e puxo como exemplo a maiores do complexo contaminante en Pontevedra, a situación de Meirama.

Tahoces concluíu cualificando que a economía galega, o emprego e a industria atópanse en situación de perigo debido á acción do goberno central.