CAMPAÑA ELECTORAL

A xunta electoral insta a CRTVG a acordar medidas compensatorias para Cs

A xunta electoral insta a CRTVG a acordar medidas compensatorias para Cs
Candidatura de Cs
Candidatura de Cs  

A xunta electoral estima parcialmente os recursos presentados por Ciudadanos e insta a CRTVG a acordar “medidas compensatorias” a raíz da denuncia do partido de Rivera sobre a cobertura informativa das eleccións xerais.


Os recursos presentados por Ciudadanos perante a xunta electoral resultan parcialmente estimados. O organismo electoral insta ademais a CRTVG a acordar “medidas compensatorias” para Cs. Dá así parcialmente a razón aos recursos presentados pola cobertura informativa das eleccións xerais así como polo debate emitido na Galega, e que non contou con Cs mais si coa presenza de PP,. PSOE, En Marea, En Común-Unidas Podemos e BNG.

Desde Ciudadanos consideran que hoxe en Galiza “comezamos a estar mellor informados, ao levantarnos ese veto informativo”. A xunta electoral entende que Ciudadanos é un grupo político "significativo" porque, pese a non contar con representación nas anteriores eleccións xerais en Galiza, si ocupou o cuarto posto entre as forzas máis votadas a nivel galego, colleitando un 8,63% dos sufraxios".