DENUNCIA DE EN MAREA

A Xunta Electoral ordena ao Goberno de Feixoo retirar dúas campañas “electoralistas”

A Xunta Electoral ordena ao Goberno de Feixoo retirar dúas campañas “electoralistas”
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Parlamento. Foto: Consellaría de Facenda.
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, no Parlamento. Foto: Consellaría de Facenda.  


 


Todo partiu dunha denuncia de En Marea contra a difusión desde a páxina web e as redes sociais institucionais do presidente Feixoo de afirmacións como a seguinte: “Xuntos estamos construíndo unha mellor Galiza para visitar que é tamén unha mellor Galiza para vivir”. Para o organismo electoral, “tales afirmacións constiúen valoracións con claras connotacións electoralistas que comportan unha vulneración da prohibición de realizar campaña de logros estabelecida no artigo 50.2 da Loreg”.

"Tales afirmaciones, junto con las referencias a los positivos efectos que la actuación de la Xunta acarreará para la generación de nuevos empleos, constituyen valoraciones con claras connotaciones electoralistas que comportan una vulneración de la prohibición de realizar campaña de logros establecida en el artículo 50.2 de la LOREG", subraya.

A outra denuncia de En Marea, segundo informou Europa Press, facía referencia ao conselleiro de Facenda, que de novo a través da Rede publicitaba unha versión partidista dos datos económicos do país. “Galiza segue a ser a comunidade de referencia tanto polo que se refire ao rigor como á solvencia das súas contas públicas e o seu desenvolvemento fiscal” ou “datos moi positivos” ou “Galiza cumpriu” foron algunhas das afirmacións que cuestiona a Xunta Electoral.

“Constitúen valoracións con claras connotacións electoralistas que comportan unha vulneración da prohibición de realizar campaña de logros”, di o fallo.

BNG e Agora Galiza


A xunta electoral central desestimou, pola contra, outro recurso de En Marea contra a candidatura En Común – Unidas Podemos -os seus aliados até hai unhas semanas- polo uso de denominación, siglas e símbolos. Tampouco tivo en conta a protesta da organización Agora Galiza contra o lema preelectoral do BNG -”Agora Galiza”- por se tratar de termos xenéricos e non estar a denunciante inscrita no rexistro de partidos políticos.



x