A Xunta entrégase á bandeira española o 12 de outubro

A Xunta entrégase á bandeira española o 12 de outubro
San Caetano (Compostela) na noite do 11 de outubro de 2019. Foto: @rubencela
San Caetano (Compostela) na noite do 11 de outubro de 2019. Foto: @rubencela  
A fachada principal do edificio de San Caetano, en Compostela, anoiteceu onte cunha proxección dobre e xigante da bandeira española. É a maneira da Xunta de Galiza de celebrar o 12 de outubro, denominado “Fiesta Nacional de España” ou “Día de la Hispanidad” e que en realidade conmemora o inicio da invasión e colonización de América do Sur en 1492.

A acción do Goberno de Feixoo foi axiña obxecto de chufa nas redes sociais, que xeraron memes sobre o que o franquismo designou “Día de la Raza” coma este de @cascarelo:

españa cascareloO dirixente do BNG Rubén Cela cualificou o feito de “pailanada excesiva”. O certo é que a Xunta pon moito máis empeño en afirmar a súa españolidade ca en facer o propio no Día da Patria Galega, cuxo nome oficial, que o PP sempre evita, é Día Nacional de Galiza.