A Xunta recorrerá a sentenza do Prestige


A Xunta recorrerá a sentenza do Prestige

A administración galega presentará recurso de casación perante o Supremo para recuperar, explicou Feijóo, o diñeiro investido na limpeza da costa. O recurso céntrase, explicou o presidente da Xunta, na "falla de responsabilidades económicas" do fallo. 

Segundo informou o presidente da Xunta na comparecencia de imprensa posterior ao Consello da Xunta, o goberno galego presentará recurso de casación á sentenza do Prestige.

O líder do executivo asegurou que non poden "estar satisfeitos perante a falla de responsabilidade económica" do fallo xudicial polo que apelarán ao Tribunal Supremo co obxecto de reuperar, dixo, arredor de 2.5 millóns de euros investidos nos servizos de limpeza da costa. 

Alberto Núñez Feijóo, indicou que o recurso se presentará de maneira "coordenada" coa Fiscalía e a Avogacía do Estado que tamén recorrerán a sentenza. Pola súa banda, a plataforma Nunca Máis e o colectivo Arco Iris tamén apelarán o fallo.