A Xunta sinala o Concello: “Ence non contamina a ría de Pontevedra”

A Xunta sinala o Concello: “Ence non contamina a ría de Pontevedra”
Imaxe: Galiza Contrainfo
Imaxe: Galiza Contrainfo  

A conselleira Ángeles Vázquez afirma que a pasteira cumpre “con todos os parámetros” e que é a administración local quen debe dar explicacións pola contaminación.


Ángeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente, defende que Ence non contamina a ría de Pontevedra e cumpre con todos os “parámetros exixíbeis”. “Cando hai un cumprimento, pode estar situada onde está”, engadiu. A titular do departamento da Xunta fixo estas declaracións nunha entrevista na cadea Ser. Ao ser preguntada pola xornalista de onde procede logo a contaminación da ría, Vázquez respondeu que “habería que lle preguntar ao Concello de Pontevedra”.

"Se dicimos que os parámetros de coliformes son máis dos que deberan estamos falar de depuradoras e habería que analizar que pasa coas depuradoras", dixo, para engadir a seguir que "a nivel ambiental o cumprimento é estrito e non hai ningún parámetro alarmante en relación con Ence".

Nas últimas semanas diversos rostros do goberno galego, incluído o presidente Núñez Feixoo, saíron na defensa de Ence e da súa actual ubicación.