Ángel García Seoane: "Apoiaría o BNG á Presidencia da Deputación"

Ángel García Seoane: "Apoiaría o BNG á Presidencia da Deputación"
Ángel García Seoane [Imaxe SG]
Ángel García Seoane [Imaxe SG]  

O alcalde de Oleiros amósase favorábel a votar a fronte nacionalista na sesión de investidura que terá lugar o 13 de xullo. "Foi o único que me dixo o que hai que cambiar".


Ángel García Seoane conversa coa xornalista María Obelleiro no número 153 do semanario en papel que sairá do prelo esta cuarta feira. Na entrevista, que está á venda a partir da quinta nos puntos de venda habitual, García asegura estar de acordo co "90% da proposta" formulada pola organización frontista e sinala que "ao resto" de forzas políticas "non os vin". 

"O PSOE non me dirixiu nin unha palabra porque saben o meu parecer: hai que cesar os directores xerais (postos a dedo), que cobran cantidades abusivas; rebaixar os cargos de confianza; cambiar as bases de contratación para acabar co dedazo ou facer que os programas da Deputación sexan para todos e non para uns poucos", apunta o rexedor de Oleiros que tomou posesión no seu cargo o 7 de xullo. 

"As Deputacións tiñan sentido cando non había goberno autónomo. O que hai que facer é un consorcio", explica en relación ás institucións provinciais. 

A entrevista íntegra, no número 153 do semanario en papel.