Redes sociais, arquitectas de identidades para adolescentes

Redes sociais, arquitectas de identidades para adolescentes
Essena O'Neil fechou o seu Instagram denunciando que "as redes sociais non son a vida real"
Essena O'Neil fechou o seu Instagram denunciando que "as redes sociais non son a vida real"  

Facebook, Instagram ou Youtube estanse a converter en importantes espazos de socialización para a mocidade. Que impacto social ten isto?


Dúas persoas. Unha mesa. Non hai conversa. En troca, a atención céntrase nos seus smartphones. Eis unha imaxe cada vez máis habitual en restaurantes, pubs e tabernas. Mais tamén nas prazas e nos parques.

Xurdiron hai apenas unha década, porén atinxen billóns de utentes, 1,44 no caso de Facebook, a rede social por excelencia desde a súa creación en 2004. Perto dun billón no caso de Whatsapp e 300 millóns de utentes en Instagram. A maior parte mocidade. De facto, entre o 75% e o 80% da 
xente moza conta con algún perfil social na rede.

“Non deixan de ser unha ferramenta máis”, asegura Ricardo Fandiño, psicólogo clínico integrante da Asociación de Saúde Emocional da Infancia e a Adolescencia (ASEIA). Porén, acrecenta, “a cuestión é o uso e o espazo que ocupan. Entendemos que empezan a ocupar moito espazo e están a substituír as relacións persoais polas virtuais”. E isto, sinala, carrexa un impacto social. 

Por que?

Podes ler a reportaxe íntegra no número 172 do semanario en papel. Á venda xa na nosa loxa e nos quiosques.