A CONTRA CORRENTE

Unha nova contracapa para o semanario


Unha nova contracapa para o semanario

Continúa o proceso de re-deseño do semanario Sermos Galiza, o único en lingua galega con presenza nos quiosques.

Mudanzas na contracapa do semanario Sermos Galiza. A tradicional combinatoria entrevista-columna de opinión desaparece e no seu canto a publicación aposta en levar á contracapa as seccións "O espía nos quiosques" e "A semana en chíos". Canda elas, haberá todas as semanas unha foto-noticia ou unha pequena reportaxe. Na primeira entrega, o protagonismo é para As Maianas, o novo valor que se irá apresentar no Festigal 2015.

A mudanza na contracapa insírese nunha liña de melloras introducidas nas últimas semanas no deseño do semanario e que, por exemplo, foron moi notorias na composición da capa.

miniatura contra, Sermos GalizaO título xenérico da última páxina do Sermos, a 40, pasa a ser A Contra Corrente.

Sermos aprofunda así na liña de mudanzas do semanario, na procura dun deseño máis anovador. Nas próximas semanas iremos introducindo novos cambios no xornal, quer no que atinxe aos contidos quer no que ten a ver coa liña gráfica, sempre visando mellorarmos a calidade da publicación.



x