A pasada cuarta feira tres persoas, á que seguirá en breve unha cuarta, declaraban no xulgado de Padrón no marco da causa contra o exalcalde de Pontecesures Luis Álvarez Angueira por un suposto delito de abuso sexual continuado que se tería cometido entre os anos 1996 e 2001 sobre unha familiar, menor de idade naquela altura.
Estas declaracións en Padrón supoñían retomar unha causa que fora arquivada hai uns meses polo xuíza titular do xulgado de instrución número 2 de Padrón por considerar que os feitos prescribiran. Un recurso contra esa decisión, presentado pola denunciante, derivou en que a Audiencia Provincial coruñesa ordenase reabrir a causa.
A Audiencia considera que hai indicios abondo para seguir investigando os feitos denunciados e en base aos resultados da mesa decidir se se abre xuízo.
Denunciar unha agresión sexual non é fácil. Afortunadamente hai mulleres valentes, sen medo, que dan o paso. Unha delas é a nosa compañeira Hadriana Ordoñez. A manada xudicial existe, mais a verdade farase paso #eusitecreo
A noticia foi acollida con satisfacción por diferentes colectivos e entidades do feminismo galego, como Marcha Mundial das Mulleres, Plataforma Feminista Galega ou Rabudas en Loita. A propia portavoz nacional do BNG, organización da que fai parte a denunciante e da que fixo o denunciado, Ana Pontón, escribiu nas redes sociais: “Denunciar unha agresión sexual non é fácil. Afortunadamente hai mulleres valentes, sen medo, que dan o paso. Unha delas é a nosa compañeira Hadriana Ordoñez”.
O impagamento do aluguer é hoxe, de lonxe, a causa maioritaria dos lanzamentos xudiciais na Galiza, o que se coñece como desafiuzamentos. Distintas entidades de corte social reivindican o apoio mutuo e a acción e a reivindicación como a mellor ferramenta, diante da ineficacia das Administracións ante un problema que é "estrutural, complexo e colectivo".
Representantes do colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita viaxaron até Bruxelas para expór as súas demandas no Parlamento Europeo. Da man da eurodeputada do BNG, Ana Miranda, cursaron unha solicitude na Comisión de Peticións para que se investigue o uso de contratos temporais polo Sergas.
Xa está no prelo o número 376 do semanario en papel Sermos Galiza, á venda na loxa a partir da noite da cuarta feira e nos quiosques a partir da quinta feira.