A Asemblea Nacional das Estudantes Galegas (Anega) chama o estudantado de ensino medio á folga este 12 de decembro. Esta convocatoria “xorde como apoio á folga do profesorado galego de ensino non universitario” anunciada pos sindicatos con representación na educación. Nesta liña, Anega convioca unha manifestación en Compostela para ese día, quinta feira, 12 de decembro, en Compostela, ás 12:00 horas.
Para alén de apoiar as demandas do profesorado (“redución horaria de 18 horas en secundaria e 21 en primaria, recortes, diminución de ratios por aula...) Anega quer que esta mobilización tamén mostre o rexeitamento á “precarización do ensino medio”.
En vésperas do Día internacional das persoas migrantes, que se celebra cada 18 de decembro, Sermos Galiza afonda nas características dos movementos da emigración galega actual, que teñen particularidades a partir da crise socioeconómica que trouxo a década, pero que manteñen desde hai sete décadas un destino preferente, que os diferencia dos do resto do territorio
estatal: Suíza.
O anuncio do presidente do Goberno, Alberte Núñez Feixoo, da posíbel revisión do peche do paridoiro do hospital de Verín foi recollido con cautela polas forzas políticas e polo comité do centro. Critican que a Xunta ligue a revisión da súa decisión á cobertura de dúas prazas de pediatría, cuxa convocatoria quedou deserta en xuño, e demandan que o Sergas retribúa ás profesionais que traballan fóra das grandes urbes.
Os hospitais privados piden “máis protagonismo” e cifran en 935 millóns o aforro que supoñen os seus servizos para o Sergas. Porén, Galiza é o territorio no Estado onde máis aumentou a partida para concertos coa sanidade privada, segundo o informe ‘Sanidade privada, achegando valor 2019’.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) vén de anular un dos apartados das bases do procedemento de acceso ao corpo de cátedra de música e artes escénicas nas especialidades vinculadas ao ensino superior de música, que se imparten nos Conservatorios superiores, promovido pola Xunta en marzo de 2018.