A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galiza (ACSUG) publica no DOG dúas resolucións polas que se aproban as convocatorias ordinarias para a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas aos complementos autonómicos de recoñecemento de labor docente, investigador e de cargos de xestión. Unhas convocatorias, denuncian desde CIG-Ensino, que se limitan ao persoal funcionario e contratado doutor, deixando fóra todo o persoal interino e colaborador, “incorrendo nunha nova discriminación entre o persoal fixo e o temporal, vetada polas directivas da Unión Europea e a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da UE”.
O sindicato lembra que nos últimos meses ditáronse tres sentenzas que indican claramente que o persoal temporal non pode ser excluído destas convocatorias. Demanda que a Axencia se aveña ao recurso de reposición presentado polo sindicato e corrixa ambas convocatorias, incluíndo nelas a todo o persoal temporal. Do contrario, anuncia o sindicato, presentará demanda no xulgado.
Esta segunda feira a plataforma SOS Sanidade Pública apoiará en Verín as reivindicacións da poboación, en contra do peche do paridoiro e das emerxencias pediátricas no hospital comarcal. A plataforma propón unha grande mobilización a nivel galego que aúne as demandas de persoal sanitario, pacientes e sindicatos. "Queremos unha manifestación centrada nas pacientes", reclaman as Enfermeiras Eventuais en Loita.
Os termos suicidio, devalo, inverno ou sangría adoitan salpicar os artigos sobre a demografía galega. Canto hai de verdade e canto de propaganda neste alarmismo mediático e social? Isidro Dubert procura no ensaio coral A morte de Galicia (Xerais. 2019) a resposta a esta e outras preguntas. Eis un estrato da entrevista publicada no número 375 do Sermos Galiza.
É unha das 18 localidades do continente que aspira a este recoñecemento, que distingue as mellores prácticas ambientais dos concellos que teñen entre 20.000 e 100.000 habitantes.