PONTÓN CRITICA A PASIVIDADE DO GOBERNO SÁNCHEZ

Centos marchan desde Sada a Meirás para pedir a devolución do pazo

Centos marchan desde Sada a Meirás para pedir a devolución do pazo
Un momento da marcha
Un momento da marcha  @eva_solla

Nova acción cívica na procura da restitución do ben espoliado pola ditadura. Centos de persoas secundaron a marcha convocada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) co apoio de até 30 colectivos cidadás e percorreron a distancia, por volta de 5 quilómetros, entre Sada e o Pazo. Na marcha participaron representantes da oposición e integrantes dos 19 de Meirás, denunciados pola familia do ditador.