UN ENCONTRO REFLEXIONA EN COMPOSTELA SOBRE A “NOVA DIÁSPORA”

Sobre a nova cidade galega exterior

Sobre a nova cidade galega exterior
Interior do aeroporto de Lavacolla. Foto: cedida.
Interior do aeroporto de Lavacolla. Foto: cedida.  Foto: Concello de Santiago

As migracións definen a historia de Galiza. Pobo móbil, en tránsito, a cada paso da súa existencia colectiva amplos continxentes dos seus habitantes marchan á procura dunha vida mellor. A Gran Recesión de 2008 volveuno provocar. Do 20 ao 22 de xullo, un encontro en Compostela pensa sobre a “nova diáspora galega”.